Deseño e maquetación dos números 4 e 5 da revista Fest-AGAL, editada anualmente pola Associaçom Galega da Língua con motivo do 25 de Xullo. Para estes dous números encargámonos do deseño da publicación (agás das portadas), retoque de imaxes, maquetación dos textos e mesmo da elaboración de varios dos anuncios incluídos. Hemeroteca da publicación Fest-AGAL
Pazo do Faramello
Difusión de varias iniciativas e accións culturais promovidas polo Pazo do Faramello, o máis visitado de Galicia. Construído a comezos do século XVIII, está situado nunha fermosa paraxe natural sobre o canón do río Tinto, no concello de Rois. Eis algunhas referencias na prensa especializada: http://www.gzmusica.com/novas/grupos/733-musica-e-pintura-urbanas-hoxe-no-pazo-do-faramello.html
Leilía – ConSentimento (xira 2015)
Campaña de difusión 2015 do disco ConSentimento, de Leilía, un dos grupos máis emblemáticos da música galega, constituído en 1989 por seis cantareiras e pandeireteiras: Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario.
Salomé Beiroa eventos
Posta en marcha da web de Salomé Beiroa eventos e elaboración dun díptico promocional. Salomé Beiroa é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), especialista en Administración local. Nos últimos anos traballa na organización de todo tipo de eventos, especialmente casamentos civís, encargándose ata o momento de máis dun cento de vodas.
Mada Producións (2015)
Posta en marcha da primeira web de Mada Producións, produtora musical e empresa de xestión cultural con sede en Teo (A Coruña).
Sérgio Tannus
Posta en marcha da web do cantor brasileiro Sérgio Tannus, afincado en Santiago de Compostela. A páxina web lanzouse con motivo da xira de presentación do disco Son Brasilego e configurouse en formato multilingüe (galego, portugués brasileiro, castelán e inglés).