Ofrecemos unha ampla gama de servizos relacionados coa comunicación. Hai unha solución para cada necesidade.
Velaquí algúns dos servizos que che podemos ofrecer no ámbito da comunicación:
- Elaboración e envío de notas de prensa.
- Xestión de entrevistas.
- Planificación de convocatorias e conferencias de prensa.
- Planificación de campañas.
- Apoio á organización e difusión de eventos.
- Elaboración de materiais publicitarios (carteis, dípticos, trípticos, dosieres informativos, etc.).
- Maquetación de publicacións.
- Xestión de redes sociais.
- Realización de webs para proxectos ou campañas concretas.
- Tarefas SEO; optimización de webs para buscadores e redes sociais.