Formación queixos – Análise sensorial dos queixos galegos con DOP

CURSOS GRATUÍTOS DIRIXIDOS AO SECTOR AGROALIMENTARIO

A catadora Salomé Beiroa impartirá por varias localidades galegas un curso gratuíto sobre a análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida (DOP). Serán un total de vinte xornadas formativas entre os meses de agosto e novembro. A formación será gratuíta e está dirixida ao sector e industria agroalimentarios.

Salomé Beiroa promove esta formación para “achegar a industria e o sector agroalimentario a uns produtos excepcionais” como son os queixos galegos con DOP. San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla son as catro denominacións con que contamos en Galicia en materia queixeira. Delas é experta Beiroa, que conta cunha longa traxectoria como catadora destes produtos no Panel de Cata da Xunta de Galicia desde fai 15 anos.

A docente destes cursos, Salomé Beiroa, participou no programa ‘A Revista’ da Televisión de Galicia para explicar os obxectivos

Dirixidos ao sector agroalimentario

Calquera persoa vinculada ao sector agroalimentario pode inscribirse gratuitamente nesta actividade, non só quen se dedica directamente á fabricación de queixos, senón tamén os produtores lácteos e outros perfís.

Un dos obxectivos da formación é a promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade. Neste sentido, a catadora apunta que “temos catro tesouros” que divulgar, en referencia ás catro DOP. Nas sesións formativas abordaranse cuestións como a degustación do produto, saber apreciar as súas características ou como dar valor aos parámetros que garanten a súa calidade.

Calendario dos cursos

Cada curso estrutúrase en dúas xornadas, de catro horas de duración cada unha delas, que se desenvolverán en horario de 17 a 21 horas. A formadora proporcionará todo o material necesario, polo que as persoas que se inscriban unicamente deberán aproveitar a formación e desfrutar da experiencia. Nalgunhas localidades haberá dous cursos, polo que no momento da inscrición será necesario especificar a data escollida.

  • Sergude (Boqueixón): (1º curso) 31 de agosto e 2 de setembro COMPLETO!; (2º curso) 21 e 23 de setembro
  • Lalín: (1º) 7 e 9 de setembro COMPLETO!; (2º) 5 e 7 de outubro
  • Pedrafita do Cebreiro: 14 e 16 de setembro
  • Vilalba: (1º curso) 14 e 16 de setembro; (2º curso) 28 e 30 de setembro COMPLETO!
  • Lamas de Abade (Santiago de Compostela): (1º) 13 e 14 de outubro; (2º) 19 e 21 de outubro
  • Palas de Rei: 26 e 28 de outubro
  • Melide: 9 e 11 de novembro

Inscricións gratuítas

O alumnado interesado en participar nalgunha das vinte sesións programadas poderase inscribir sen custo ningún enviando un correo electrónico a [email protected], indicando a localidade en que desexa participar: Santiago de Compostela (Lamas de Abade), Pedrafita do Cebreiro, Boqueixón (Sergude), Vilalba, Palas de Rei, Melide e Lalín.

Tamén se pode facer a inscrición cubrindo un sinxelo formulario en liña.

Colaboracións

A formación en análise sensorial dos queixos galegos con DOP conta co financiamento de fondos europeos (Feader), da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), así como coa colaboración dos Consellos Reguladores dos queixos Cebreiro, Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, entre outras entidades e institucións.

MÁIS INFORMACIÓN

APARICIÓNS NA PRENSA

formación queixos, queixos galegos, queixos galegos con DOP, formación queixos, análise sensorial, salomé beiroa, consello regulador, agacal, feader, panel de cata de galicia, cata de queixos, formación gratuíta, curso gratuíto, quesos gallegos, quesos gallegos con DOP, formación quesos, análisis sensorial, boqueixón, sergude, santiago de compostela, lamas de abade, lalín, melide, palas de rei, vilalba, pedrafita do cebreiro, DO arzúa-ulloa, DO cebreiro, DO tetilla, DO san simón da costa, queixo do cebreiro, queixo de tetilla, queixo san simón da costa, queixo arzúa-ulloa, queso cebreiro, queso tetilla, queso san simón, queso arzúa ulloa

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio